A concelleira de Educación do Concello de Tui, Vanesa Rodríguez Pereira, recibiu esta mañá no Salón de Plenos da Casa do Concello a un grupo de trece estudantes procedentes de localidade xermana de Wörrstadt que, acompañados de dous profesores, realizan ao longo desta semana un intercambio cos alumnos do IES San Paio de Tui.
Os estudantes, dos últimos cursos de ensino secundario, e que cursan español do seu Instituto visitan esta semana a cidade de Tui están acollidos por familias de alumnos tudenses que no vindeiro mes de setembro realizaran a súa estadía de intercambio nas terras de Alemaña.
A concelleira deulle a benvida á nosa cidade a este grupo de alumnos amosando o interese dos Concello de Tui por promover este tipo de intercambios pois supoñen un grande enriquecemento para todos os que participan que coñecen novas culturas, novas persoas, e melloran os seus coñecementos doutros idiomas.
Vanesa Rodríguez agradeceu o traballo dos profesores, tanto de Tui como de Wörstdat que se teñen implicado na realización desta interesante actividade de intercambio. Citou tamén as especiais relacións que a cidade de Tui está comezando coa localidade de Versmold en Alemaña.
O grupo de Wörrstdat participa nas clases do IES San Paio e realizan tamén diversas actividades de coñecemento do entorno tudense e de Galicia.
Sem comentários:
Enviar um comentário