segunda-feira, 16 de abril de 2012

O alcalde de Tui recibe mañá á Confraría de Minas de San Telmo de Huelva


O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, brindará mañá unha recepción oficial á confraría de Minas de San Telmo de Huelva que esta fin de semana estarán en Tui co gallo das festas de San Telmo.
A recepción terá lugar ás seis da tarde na Casa do Concello de Tui. Posteriormente na capela das Reliquias da Catedral terá lugar un acto de irmandade coa Confraría de San Telmo de Tui.
Os membros da Confraría de Minas de San Telmo  participarán activamente nesta fin de semana en distintos actos previsto co gallo das festas patronais tudenses. O domingo ás 11 da mañá formarán parte do desfile de traxes rexionais que irá dende a Área Panorámica ata a Catedral. Amais de estar ataviados co traxe típico tamén participará un grupo de “Lanzaores” de Minas. Posterioremente ao remata da misa de ofrenda interpretarán no templo catedralicio a Salve Rociera. Por último o luns estarán presentes tanto na procesión da Coronilla, ás 11h,  coma na solemne procesión de San Telmo que comeza ás 21h. 

Sem comentários:

Enviar um comentário