Este sábado, 7 de abril, a Sala Municipal de Exposicións do Concello tudense acolle ás 20,00 horas o acto oficial de inauguración da exposición filatélica “Fitui 2012” organizada polo Grupo Filatélico e Numismático de Tui, coa colaboración da Consellería de Cultura do Concello de Tui, para conmemorar o 50 aniversario da súa fundación.
Co gallo desta efeméride haberá un mataselos oficial promovido polas entidades organizadoras que estará a disposición de todos os interesados o mesmo día da inauguración desta mostra filatélica.
Nesta mostra os visitantes poden contemplar un excepcional percorrido por diversas colección, de variada temática, de coleccionistas da nosa cidade e de Valença do Minho co que ofrece unha mostra do coleccionismo galaico-portugués.
A temática das coleccións presentadas nesta mostra filatelia, moedas, postais, billetes de banco, lotería e diversas colección de obxectos decorativos e artísticos.
Para a concelleira de cultura do Concello de Tui, Vanesa Rodríguez Pérez, esta exposición amosa o importante papel que este Grupo Filatélico posúa na visa social e cultural da nosa cidade, á que ven enriquecendo coa súa actividade ao longo deste cincuenta anos de existencia. Rodríguez Pereira congratúlase pola calidade e singular achega que supón esta mostra “Fitui 2012” que enriquece o programa das festas de San Telmo 2012.
Sem comentários:
Enviar um comentário