Este sábado, 14 de abril, celébrase o V Supercross Cidade de Tui puntuable para o Campionato Galego organizado polo Motoclub Randufe coa colaboración do Concello de Tui. Esta proba deportiva foi presentada esta mañá polo concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, e polos responsables do Motoclub Randufe, Andrés Urseira e Gonzalo Martínez.
Na comparecencia ante os medios de comunicación Andrés Urseira destacou que nos oito anos de traxectoria do motoclub sempre apostaron por esta proba deportiva, salvo en dúas ocasión nas que se celebrou o enduro. As principais novidades con respecto a edicións anteriores son por unha parte o cambio de data, xa que adoitaba ter lugar no verán, para facelo coincidir coas festas de San Telmo. A isto hai que engadir que este ano será a primeira proba do Campionato Galego polo que os pilotos están xa expectantes ante o comezo da competición. Nesta edición amais competirá o piloto local Valentín Hermida que participará no Campionato Galego, no nacional e tamén en Portugal.
Este sábado agardan que preto dun centenar de pilotos compitan neste V Supercross Cidade de Tui, aínda que Andrés Urseira recoñecía que ao tratarse dun deporte caro, hai pilotos que este ano debido a crise ser deron de baixa.
O Supercross disputarse no circuíto de Randufe, na parte traseira do Complexo Deportivo Álvarez Durán. O sábado a partir das once da mañá serán os adestramentos e dende ás catro e media da tarde terá lugar xa a competición oficial. Será unha proba moi vistosa para o público xa que o circuíto conta con 13 saltos de diferentes tipos, algúns deles de 14 e 18 metros de lonxitude, polo que Andrés Urseira destacaba que vai ser “moi vistoso para o público pola destreza que teñen que ter estes pilotos”.
Pola súa parte o Concelleiro de Deporte, Nicolás Lorenzo, agradeceu ao Motoclub Randufe a celebración do Supercross coincidindo coas festas de San Telmo, polo que dicía vai ser “a proba deportiva con máis importante por cartel”, por ser a primeira proba do calendario galego, e tamén pola gran afluencia de público de edicións anteriores que agardan superar este ano.
Este ano o Motoclub Randufe repartiu 3 mil entradas para o Supercross entre os escolares de Tui e dos arredores así coma en Valença do Minho.
Sem comentários:
Enviar um comentário