A Fundación Centro Galego de Artesanía e Deseño, da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, en colaboración co Concello de Tui organiza un curso de perfeccionamento en pasamanería de 40 horas a celebrar na nosa cidade entre o vindeiro 26 de abril e o 11 de maio en horario de tarde, de 16 a 20 horas. Este curso estará impartido polo experto artesán Rafael González Goianés e terán preferencia na inscrición os artesán con carta de artesán en vigor poden participar, de existir prazas libres, outras persoas interesadas. A inscrición é de balde.
Con este curso continúa desenvolvéndose a colaboración entre a Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia e este Concello de Tui en materia de actividades relacionadas co mundo da artesanía. Este curso de perfeccionamento en pasamanería da continuidade ao celebrado anteriormente sobre gravado e impartido por Xavier de Sousa.
As persoas interesadas en inscribirse no curso poden facelo on-line a través da seguinte dirección:
http://artesaniadegalicia.xunta.es/actualidad/formacion/pasamaner-a-perfeccionamento
Coincidindo coa celebración desta acción formativa terá lugar no Anexo da Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui unha mostra titulada “Con pés á cabeza” que realiza un percorrido polos elementos de protección para pés e cabeza usados bos últimos séculos en Galicia.
Para a concelleira de cultura do Concello de Tui, Vanesa Rodríguez Pereira, este curso de perfeccionamento en pasamanería enmárcase dentro das actividades que promove esta Concellería na promoción da artesanía, entendida como unha aposta de grande interese para a nosa cidade, pois conxuga a conservación das nosas tradicións pero dende unha perspectiva actual e como un importante recurso económico e mesmo turístico. Así na primeira fin de semana de maio a nosa cidade acollerá unha nova edición da xa tradicional feira de artesanía pola rúas do casco histórico tudense.
Sem comentários:
Enviar um comentário