sexta-feira, 27 de abril de 2012

“ÚNETE A VOLTA” en TUI o 5 de maio ás 18.00 horas



O próximo sábado, 5 de maio, ás 18.00 horas, dende o Paseo da Corredoira, celebrarase unha nova edición da antiga “Festa da Bicicleta”, que este ano, aproveitando o pase da Volta a España pola provincia de Pontevedra, cambiou de nome, pasando a denominarse “ÚNETE A VOLTA”.
Para esta edición a organización do evento estará a cargo de UNIPUBLIC, empresa organizadora da Volta a España, que contará co camión podio que percorre as cidades por onde pasa esta proba ciclista, así como dun sorteo de regalos e dunha bicicleta entre todos os ciclistas participantes.
O percorrido a realizar será de 6,5 quilómetros, de dificultade baixa, saíndo do Paseo da Corredoira, ao carón do Palco da Música, e volvendo ao mesmo punto, estando dirixido a todos os públicos.
A inscrición é gratuíta, sendo obrigatorio o uso do casco para facer a ruta.
Dende o Concello anímase a todos os veciños e veciñas de Tui a participar neste evento, que inicia un mes cheo de actividades deportivas.

Sem comentários:

Enviar um comentário