segunda-feira, 16 de abril de 2012

O alcalde de Tui asistiu hoxe á inauguración da sede da Eurocidade Verín-Chaves


O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, asistiu esta mañá á inauguración da sede da Eurocidade Verín-Chaves, no edificio da antiga alfándega, que presidiu o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo. 
O alcalde de Tui quixo estar presente neste acto no que se puxo de relevo a importancia da cooperación transfronteiriza máis aínda se cabe nestes tempos de crise.  Deste xeito puido coñecer de primeira mans os pasos dados xa pola Eurocidade Verín-Chaves, e que poden servir de modelo a seguir pola Eurocidade Tui-Valença constituída formalmente o pasado mes de febreiro.
A Eurocidade Verín-Chaves, foi pioneira en Galicia e Portugal, nesta agrupación transfronteiriza sentando as bases para a colaboración entre dous municipios cercanos situados en dous países.  Moisés Rodríguez tivo a oportunidade de conversar co alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez, e o presidente da Cámara de Chaves, Joao Gonçalves Martins, a quen expuxo os proxectos nos que traballan xa Tui e Valença. 
A Eurocidade Tui-Valença traballa na actualidade na redacción dun plan director para a xestión compartida de equipamentos municipais, que de xeito pioneiro se poría en marcha na piscina da Eurocidade situada en Valença. Tamén están estudando os proxectos a desenvolver para presentar a distintos fondos europeos. Eses fondos, explica Moisés Rodríguez, permitirán ás dúas cidades levar a cabo novos investimentos, que senón,  dada a actual situación económica, non se poderían acometer nun futuro inmediato.
Por outra parte Moisés Rodríguez indicaba que a experiencia de Verín-Chaves, permitirá a Tui-Valença avanzar nos pasos para consolidar a Eurocidade.

Sem comentários:

Enviar um comentário