quinta-feira, 12 de abril de 2012

I Torneo de Xadrez Festas de San Telmo 2012



Este sábado 14 de abril, a partir das 16.00 horas, no Paseo da Corredoira, celebrarase o I Torneo de Xadrez Festas de San Telmo, organizado polo Club Xadrez Tui coa colaboración do Concello de Tui.
As categorías deste primeiro torneo serán Cadete (sub 16), Infantil (sub 14), Alevín (sub 12) e Benxamín (sub 10), sendo o máximo 80 participantes.
As inscricións poden facerse ata o día do torneo a través da páxina www.xadreztui.org, chamando ao teléfono 667.060.369 ou a través do correo info@xadreztui.org.

Sem comentários:

Enviar um comentário