quarta-feira, 4 de abril de 2012

IX ANDAINATUDENSE SOLIDARIA.




O vindeiro 19 de Maio do 2012, reencontrarémonos de novo para facer a IX Andaina, todo por terras tudenses. Desta vez uniremos o pai Miño co monte Aloia, onde xantaremos na compaña de San Xulián, para logo baixar cara a Tui percorrendo no último tramo as suas empedradas rúas. Gustaríanos  que camiñárandes connosco, de que poidéramos gozar, disfrutar e coñecer un pouco máis o monte Aloia. Todo isto de vagar, sen presas, cada un na medida das súas forzas. Ése é o espírito da andaina.

A ruta deste ano pasará por dous lugares moi interesantes, a cova da Trapa e a muralla do monte Aloia.
A cova da Trapa, formada fai mais de 2 millóns de anos, con 1.200m. de galerías e 92m. de desnivel vertical, está considerada como a segunda cova en granitos mais importante de Europa despois da cova Bodagrottorna de Suecia. O outro punto de interés será recorrer gran parte dos restos da enorme muralla que rodea o monte Aloia, xa que na actualidade está limpa de rastroxos e pódese percorrer case na sua totalidade. O longo da ruta tamén pasaremos pola ponte das Febres, camiñaremos polo novo e tamén polo antigo camiño Portugués e baixaremos pola senda botánica, rego de pedra, muiños do Tripes e xa enfilando a chegada cruzaremos o fermoso conxunto histórico de Tui.
Informarvos que como o sendeiro para subir a cova da Trapa mostra unha dureza considerable, temos un camiño alternativo mais doado, que aínda non pasando pola cova pasaría moi perto.

Sem comentários:

Enviar um comentário