terça-feira, 17 de abril de 2012

RENOVACIÓN DOS BANCOS DA PRAZA DA INMACULADA


O Concello de Tui, a través da Concellería de Parques e Xardíns, ten procedido en días pasados á renovación dos bancos situados na céntrica Praza da Inmaculada, lugar de abondosa concorrencia de veciños de forasteiros que atopan un lugar de encontro, conversa e lecer.
Sinala a concelleira responsable de Parques e Xardíns, Olga Montes, que foron colocados un total de oito novos bancos adaptados na súa altura ás necesidades das persoas de maior idade e que atopaban certas dificultades nos existentes anteriormente e que deste xeito ven facilitado o seu uso.
Os bancos retirados serán remozados polos servizos municipais e volverán de novo a ser usados noutras rúas do centro urbano tudense para favorecer o lecer dos nosos veciños.
Olga Montes Moldes sinala que tamén con estas pequenas intervencións, que neste caso abrangueu a reparación e arranxo do estanque do monumento a Frei Rosendo Salvado, se pretende mellorar o ornato da cidade e, especialmente, incrementar a “humanización” das nosas prazas e rúas para que resulten acolledoras para os nosos veciños e visitantes.

Sem comentários:

Enviar um comentário