Hoxe venres ás 20:30 h. inaugurase e exposición de Raimundo Martínez e Antonio Abero na Sala de Exposicións Municipal na Área Panorámica coa presenza do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Cultura, María José González,
É unha exposición conxunta de escultura en pedra e madeira do tudense Raimundo Martínez, e do vallisoletán Antonio Abero. Os dous artistas estarán tamén presentes no acto.
A mostra poderá visitarse ata o 31 maio en horario de luns a venres de 9.30h a 13.30h e de 16 a 20.30h.
Sem comentários:
Enviar um comentário