A Concelleira de Servizos Sociais do Concello de Tui, Dorinda Olga Montes Moldes, realizou onte unha visita ao taller de “economía doméstica” que imparte na nosa cidade a “Cruz Vermella” do Baixo Miño en colaboración co Concellería de Servizos Sociais tudense.
O taller desenvólvese o longo de tres xornadas ao longo das que os participantes recibirán unha formación en temas como
1º nutrición e elaboración de menús
2º publicidade e consumo responsable
3º como facer a compra no supermercado
Neste taller participan dez familias usuarias dos servizos sociais tudense e que na actualidade sofren risco de exclusión social. Con esta actividade formativa preténdese mellorar as condicións de vida destes grupos familiares contribuíndo a facilitar a xestión do seu fogar aportando coñecementos básicos nestas materias que poden resultarlles útiles no seu quefacer diario.
Sem comentários:
Enviar um comentário