Este
sábado, 24 de novembro, poderemos contemplar ás 18,00 horas na Aula
da UNED de Tui o espectáculo titulado “O señor das dunas” que
promove o programa de dinamización lingüística “Falaredes” da
Secretaria Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
Trátase
dun espectáculo dirixido a todos os públicos, dende os nenos e as
súas familias ata os máis vellos da casa. Baseado na literatura
oral galega, este contacontos compleméntase coa ilustración en
directo do relato feita con area. Historias fantásticas con
personaxes que van cobrando vida grazas á luz e á area, xunto cun
náufrago que coñece innumerables contos e historias.
O
acceso ao espectáculo é gratuíto, ate completar o aforo e os
asistentes recibirán como agasallo un libriño cos contos que
escoitaron.
FalaRedes
responde a obxectivos emanados do Plan Xeral de Normalización da
Lingua Galega, nomeadamente aos seguintes:
- Crear espazos de uso e de aprendizaxe do galego ligados ao lecer para promover unha imaxe da lingua ligada a valores positivos.
- Reforzar o uso do galego entre os galegofalantes e proporcionarlles modelos lingüísticos de referencia aos rapaces e rapazas de orixe castelanófona.
A
concelleira de Cultura do Concello de Tui, Vanesa Rodríguez Pereira,
subliña que este espectáculo achégase ata a nosa cidade ao formar
parte o noso concello da Rede de Dinamización Lingüística que
promove a Secretaria Xeral de Política Lingüística da Xunta de
Galicia. A concelleira anima a todos os rapaces e as súas familias
para participar neste interesante espectáculo de narracións
ilustradas con area.
Sem comentários:
Enviar um comentário