segunda-feira, 5 de novembro de 2012

O SERVIZO DE PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS ORGANIZA OBRADOIROS PARA ADOLESCENTES


En días pasados o Servizo de Prevención de Drogodependencias e Outras Condutas Aditivas dependente da Concellería de Servizos Sociais do Concello de Tui comezou, concretamente no IES “Indalecio Pérez Tizón”, os obradoiros que organiza dirixidos aos alumnos de 1º e 2º de ESO.
A finalidade destes talleres é promover a adopción de estilos de vida saudables entre a poboación escolar, potenciando diversos factores de protección e reducindo o impacto de determinados factores de risco asociados ao consumo de drogas. Os Obradoiros están impartidos pola Técnica do Servizo de Prevención, e pretenden ser actividades moi dinámicas, animando á participación de todo o alumnado.  
Neste curso as temáticas elixidas para esta campaña están centrados no caso do alumnado de 1º ESO arredor da temática dos “mitos sobre o alcohol”, e no caso do alumnado de 2º da ESO versará sobre “habilidades sociais: autoestima”.
Estes Obradoiros foron ofertados a todos os centros en ensino secundario do Concello e desenvolveranse ao longo do curso escolar. Para a concelleira responsable de servizos sociais, Olga Montes Moldes, estas actividades do servizo de prevención de drogodependencias se enmarcan no labor que desenvolve este Concello de Tui no ámbito educativo a través deste departamento que abrangue estes talleres, o ciclo de cine nas aulas e outras actividades encamiñadas á prevención do consumo de drogas e outras dependencias.

Sem comentários:

Enviar um comentário