O vindeiro sábado 24 de novembro, as 20.00 horas, no Teatro Municipal de Tui, celebrarase a “Gala do Deporte Tudense 2012”, organizada pola Concellería de Deportes do Concello de Tui, que dirixe o concelleiro Nicolás Lorenzo Montes.
Neste acto quérese recoñecer aos mellores deportistas tudenses do presente ano, así como a diferentes entidades colaboradoras co deporte no noso concello, sendo as categorías premiadas as seguintes:
1. Mellor Deportista Feminina
2. Mellor Deportista Masculino
3. Mellor Deportista Promesa Feminina
4. Mellor Deportista Promesa Masculino
5. Mellor Club
6. Mellor Club na Promoción do Deporte Base
7. Mellor Adestrador
8. Mellor Firma Comercial ou Entidade Colaboradora
9. Mencións Especiais a outras Entidades
Na Gala estarán presentes deportistas e representante de todos os clubes deportivos do Concello de Tui pois o obxectivo é, en palabras do concelleiro Nicolás Lorenzo Montes, que esta Gala sexa a festa do deporte tudense, un lugar de encontro entre os deportistas e afeccionados en todos os ámbitos do deporte do noso municipio, testemuñando ao amplo colectivo de persoas implicadas neste ámbito social.
Debido ao aforo limitado, será necesario recoller a invitación na billeteira do Teatro Municipal dende media hora antes de inicio da gala.
Sem comentários:
Enviar um comentário