quarta-feira, 28 de novembro de 2012

AS OBRAS DO CAMPO DE FÚTBOL DE CALDELAS ESTARÁN REMATADAS NUN MES Cúmprese así o compromiso do Alcalde tudense


A Deputación de Pontevedra adxudicou onte 27 de novembro obra de remodelación de instalacións no campo de fútbol de Foxo-Caldelas (Tui), en 234.833 euros e un prazo de execución material de 35 días. A obra consistirá na construcción do terreo de xogo que se dotará dunha rede de drenaxe que elimine a auga da choiva e o sobrante do rego a través dunhas rellas situadas nas bandas.
O Alcalde de Tui congratúlase deste acordo co que cúmprese o compromiso manifestado hai algunhas datas de culminación do proceso de construcción deste campo que demorou en exceso. O importe desta obra é financiado nun 50% pola propia Deputación provincial de Pontevedra, namentres que o restante 50% é asumido polo Concello de Tui mediante un préstamo da Caixa de Anticipos da propia Deputación.
Moisés Rodríguez agradece especialmente a colaboración da Deputación Provincial para rematar este equipamento deportivo, culminando así o traballo que o goberno municipal tudense ven desenvolvendo para finalización das obras deste campo de fútbol, un alongado traballo do que eran coñecedores os sectores afectados cos que se traballou nesta solución.
A zona na que se actuará supón unha superficie de 5.586 metros cadrados. O terreo de xogo xa foi explanado, nivelado e compactado na fase previa do proxecto. Nela, executouse unha capa de zahorra artificial así como unha capa de aglomerado que servirá de soporte ao céspede artificial que agora se colocará. Os lindeiros do campo contarán cunhas bandas de ancho de 2,5 metros nas do fondo e de 2 metros nas laterais. O campo contará con herba artificial, un campo de fútbol 11, dous de fútbol 7, dúas bancadas para suplentes, un xogo de banderíns de córner, un marcador electrónico así como unha barandilla perimetral de aluminio que delimite o terreo de xogo.
Ao remate desta obra o municipio tudense contará con tres campos de herba sintética: o existente no complexo deportivo ´”Alvarez Durán”, o campo da parroquia de Ribadelouro e este de Caldelas, evidenciando o importante compromiso do goberno municipal tudense pola promoción do deporte base e afeccionado, neste caso no ámbito do fútbol, que disporá así duns equipamentos de alto nivel para a práctica deportiva.

Sem comentários:

Enviar um comentário