terça-feira, 27 de novembro de 2012

O TUDENSE JOSÉ LUIS LUQUE PUÉRTOLAS GAÑADOR DO V CONCURSO FOTOGRÁFICO “RELACIÓNS HOME – MULLER 100% POSITIVO” CONVOCADO PLO CONCELLO DE TUI


Na tarde de onte, luns 26 de novembro, tivo lugar a inauguración da exposición que recolle os traballados fotográficos presentados á quinta edición do concurso “Relación home-muller 100% positivo”, convocado pola Concellería da Muller e Servizos Sociais do Concello de Tui co gallo da celebración do día 25 de novembro, Día internacional contra a violencia de xénero.
No decurso do acto foi anunciado o fallo do xurado deste concurso que acordou conceder o premio deste certame, por un importe de 300 euros, ao fotógrafo tudense José Luis Luque Puértolas coa súa fotografía titulada “Dous sons, un ritmo”
Estiveron presentes neste acto a concelleira de muller e servizos sociais, Olga Dorinda Montes Moldes, xunto aos concelleiros José Ángel Villaverde Rocha e Telmo González Ramos. A concelleira de muller, Dorinda Olga Montes Moldes, na súa intervención sinalou que con este concurso quérese resaltar que aínda que, desgraciadamente, existan víctimas de violencia de xénero, afortunadamente, a maioría de relacións entre homes e mulleres son relacións non violentas. Este concurso, engadiu, é unha actividade xa consolidada na campaña que desenvolve o Concello arredor do “Día internacional contra a violencia de xénero” e que incide nos aspectos positivos da relación entre homes e mulleres para consolidar os hábitos respectuosas nesta relación entre a muller e o home.

Sem comentários:

Enviar um comentário