quarta-feira, 28 de novembro de 2012

O ALCALDE DE TUI PARTICIPA NA SINATURA DE CREACIÓN DA REDE IBÉRICA DE ENTIDADES TRANSFRONTERIZAS (RIET)


O Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, participou onte martes, 27 de novembro, no Parador Nacional de Baiona, no acto de sinatura de incorporación de 15 organizacións empresariais da fronteira hispano-lusa asinarán á Rede Ibérica de Entidades Trasfronterizas, RIET, culminando un proceso iniciado o pasado mes de xaneiro no Cume Empresarial convocada pola Confederación de Empresarios de Pontevedra, CEP, sobre a implantación das peaxes en Portugal. Naquela reunión, chegouse á conclusión de que a fronteira precisaba de organizacións fortes, interlocutoras dos Cumes Ibéricos e como froito desta vontade nace esta Rede Ibérica.
A relevancia deste acto veu reforzada pola presenza dos embaixadores de España en Portugal e de Portugal en España que, non só participaron na firma da acta de adhesión, senón que impartiron unha conferencia sobre a cooperación ibérica. 
Esta entidades quere traballar en estreita colaboración coa Xunta de Galicia, Concellos transfronteirizos e outras entidades como o Eixo Atlántico. Dende as entidades empresariais e sociais asinantes se impulsa unha resposta contra o sistema de peaxe implantada en Portugal e a defensa da conexión ferroviaria entre Porto e Vigo, iniciativas, ambas, que están na orixe da unidade de acción que se materializa na firma da integración empresarial da fronteira hispano-lusa na RIET.
Para o rexedor tudense a presenza da Eurocidade Tui – Valença neste acto remarca a transcendencia que esta agrupación asinada entre o Concello de Tui e a Cámara de Valença posúe para a cooperación transfronteiriza e congratúlase que o labor iniciado polos responsables da eurocidade para a consecución dunha conexión ferroviaria axeitada aos tempos entre Galicia e o Norte de Portugal teña agora novos pulos e estea en vías de resolución.
Moisés Rodríguez mantivo senllas conversas cos embaixadores de España en Portugal, Eduardo Junco, e de Portugal en España, Eduardo Mendoça, que valoraron moi positivamente a creación da Eurocidade e o traballo de cooperación que desenvolven os municipios de Tui e Valença. 
Finalmente o rexedor tudense agradeceu ao presidente da CEP, José Manuel Fernández Alvariño, o seu compromiso que unha vindeira xuntanza desta Rede Ibérica terá lugar na nosa cidade.

Sem comentários:

Enviar um comentário