O Servizo de Prevención de Drogodependencias do Concello de Tui deu comezo esta semana no IES “Indalecio Pérez Tizón” os obradoiros para 1º ESO titulados ”Nin Bombeiros nin Enfermeiras”, que tratan o tema da igualdade entre homes e mulleres.
A escola debe colaborar no desenvolvemento integral das nosas mozas e mozos, acompañándolles no seu camiño cara á idade adulta. Para iso, non só é necesario transmitirlles contidos, senón tamén axudarlles a construírse como persoas autónomas e libres, colaborando no desenvolvemento de todas as súas potencialidades, facilitando que adquiran as competencias básicas. A educación dos sentimentos e as emocións ten que estar presente na práctica diaria, porque somos seres que sentimos e emocionámonos igual que respiramos.
Hoxe en día, aínda podemos ver, tanto no mundo escolar como fóra del, conductas que denotan a pervivencia do sexismo. A maioría das veces estes comportamentos son producto dos nosos automatismos conductuais que, en gran medida, son prerreflexivos e poden, mesmo, estar en contradicción coas nosas crenzas, xa que o campo emocional, que é á vez individual e social, é o lugar de resistencia, ás veces inconsciente, ás transformacións sociais.
Tamén este servizo ten programado para alumnos/as de 3º de ESO do IES Indalecio Perez Tizón e para 4º de ESO no IES San Paio un obradoiro titulado “Vivindo en Tolerancia” que incide dun xeito mais directo sobre a violencia de xénero, comezando no IES San Paio o día 27 de novembro.
Informa tamén que deu comezo o programa “O Cine nas Aulas” para o alumnado de 1º e 2º ciclo de primaria de todos os colexios do Concello que solicitaron este programa. Este ano traballase sobre a película “Kirirú y las bestias salvajes”, nela se incide sobre as dificultades para solucionar os problemas da aldea aos que se enfronta o neno e como isto lle axuda no seu crecemento persoal. É unha fábula sobre a liberdade e o crecemento, a confianza nun mesmo, o traballo en equipo, a solidariedade, o respecto cara a culturas diferentes e á natureza.
Sem comentários:
Enviar um comentário