sexta-feira, 23 de novembro de 2012

O Concello de Tui instalará 3 desfibriladores noutras tantas instalacións deportivas


O Concello de Tui adquirirá de inmediato, antes da finalización do presente ano, con fondos propios da Concellería de Deportes, 3 desfibriladores semiautomáticos, que se instalarán nas instalacións deportivas municipais: Pavillón Deportivo Municipal, Campo Municipal “Álvarez Durán” e Centro Interfederado de Remo e Piragüismo. No momento da súa instalación se impartira un cursiño entre os empregados municipais  e adestradores dos clubes para garantir o seu funcionamento e correcto uso.
A Xunta de Goberno Local do pasado 15 de novembro acordou a adxudicación do subministros destes aparellos por un importe de3.845 euros.
Con esta acción, preténdese asegurar as instalacións deportivas con máis número de usuarios, e reducir así o risco de morte súbita entre os deportistas, dado que o uso dun desfibrilador nos primeiros 10 minutos tras unha parada cardíaca é crucial para salvar unha vida.
Para o ano 2013 existe o obxectivo do goberno municipal tudense de completar con este equipamento o resto de instalacións asinando un convenio coa Deputación Provincial de Pontevedra que promove unha campaña neste aspecto. Coa instalación destes desfibriladores nos vindeiros días nestas tres instalacións deportivas municipais garántase nos lugares de maior afluencia de deportistas e público estes aparellos básicos para unha atención urxente.

Sem comentários:

Enviar um comentário