terça-feira, 20 de novembro de 2012

La Machina Teatro presenta a obra de teatro infantil “Grillos y Luciérnagas”


Será este venres, 23 de novembro, ás 20h no Teatro Municipal
A compañía cántabra La Machina Teatro vai representar este venres, ás 20h, no Teatro Municipal de Tui “Grillos y luciérnagas”. É unha obra de teatro dirixida a cativos de 3 a 6 anos cunha duración de 45minutos. A dirección corre a cargo de Valeria Frabetti e o elenco está formado por Patricia Cercas e Luís Oyarbide.
“Grillos y Luciérnagas” é unha viaxe a través da escuridade para coñecer qué acontence cando durmimos. É un xogo poético dedicado aos máis pequenos centrado en todo aquilo que permanece candos e vai a luz do día. É entón cando apareceu n mundo fantástico e de misterio onde viven os soños. 
La Machina Teatro ten realizado dende a súa formación en 1991 unhta trintena de producións a meirande parte dirixidas a público infantil e xuvenil. Cos seus espectáculos, a compañía ten percorrido toda a xeografía española, participando nos máis importantes festivais de teatro e realizando xiras por todas as comunidades autónomas, así como en festivais de Brasil, Estados Unidos, Portugal, Bosnia-Herzogovina, Italia, Guinea Ecuatorial e Exipto, entre outros. O seu traballo ten sido merecedor de distinto premios
As entradas para a función están xa á venda en www.culturatui.info ata o venres ás 13h ou o venres dende ás 18.30h no despacho de billetes ao prezo de 3€ e 2€
La Machina Teatro con Grillos y Luciérnagas
Data: Venres, 23 de novembro, ás 20h
Lugar: No Teatro Municipal de Tui
Entradas: Á venda na web www.culturatui.info ata o venres ás 13h, ou no despacho de billetes o venres dende ás 18.30h do comezo ao prezo de 3€ e 2€.

Sem comentários:

Enviar um comentário