sexta-feira, 2 de novembro de 2012

O VINDEIRO MERCORES COMEZA O PROGRAMA “O CINE NAS AULAS” PARA O CURSO 2012/2013


O día 7 de novembro dará comezo o programa “O cine nas Aulas” para o alumnado de 2º de ESO dos IES Indalecio Pérez Tizón e San Paio e Colexio Maristas Santa María. Esta actividade está organizada polo Servizo de Prevención de Drogodependencias Tui da Concellería de Servizos Sociais do Concello de que dirixe a concelleira Olga Montes Moldes.
Dende o Servizo de Prevención de Drogodependencias ofertase aos IES este programa “O Cine nas Aulas”, ao entender que hai múltiples problemas na sociedade actual cuxo abordaxe debe realizarse mediante a posta en marcha de actividades preventivas, sendo a educación o elemento básico. Calquera actividade de prevención que teña que ver co mundo escolar e a educación para o tempo libre ten de conxugar o divertimento co elemento educativo, coa finalidade de facer máis atractivo o ensino e, deste xeito, cumprir con maior eficacia o obxectivo perseguido. 
O cine ten un indubidable atractivo para o público obxectivo desta actividade: os mozos. Pero, neste caso, non debe ser entendido como un mero divertimento, senón como a oportunidade de captar a atención dos máis novos, apoiar a súa capacidade de reflexión e favorecer a análise e a crítica dos contidos educativos que presenta. O cine pode converterse nunha eficaz ferramenta de traballo ao empregalo coma algo máis que un puro elemento de diversión.
A metodoloxía do curso consiste en que o profesor traballe o tema da prevención a partir das películas. Todo o material complementario que se lle facilitará, dende o Servizo do Prevención, servirá como soporte para tratar as diversas temáticas transversais que aparecen en cada guía, ao considerar que o cine pode resultar un recurso de primeira magnitude para implementar todo iso e pode facilitar, ademais, afondar noutros ámbitos transversais que resulten de interese de cada docente.
Un total de 184 alumnos/as e 8 profesores asistirán o día 7 de novembro a proxección da película “Cobardes” no Teatro Municipal, alí recollerán as Unidades didácticas coas que logo traballarán nas aulas os alumnos/as. Estas unidades foron elaboradas pola Técnica de Prevención do Concello do Concello de Tui.

Sem comentários:

Enviar um comentário