A Oficina de atención a inmigrantes e emigrantes retornados organiza varios talleres de educación intercultural co alumnado de 6º de primaria dos centros educativos do noso municipio entre os días 4 e 19 de decembro, no que participarán cerca de 200 alumnos, segundo informa a Concellería de Servizos Sociais do Concello de Tui, Dorinda Olga Montes Moldes.
Esta actividade é financiada polo Concello de Tui, e con ela preténdese promover a comprensión e o respecto das diversas culturas coas que os nenos e nenas conviven na actualidade, derrubar prexuízos culturais e fomentar actitudes positivas ante o feito da diversidade entre a poboación escolar, facilitando a convivencia intercultural.
Dende o Concello de Tui quérese agradecer aos centros escolares o interese amosado polo desenvolvemento desta actividade, xa que esta sociedade tan diversa na que vivimos ten o seu reflexo nas aulas, e lograr que esta diversidade sexa enriquecedora e non unha fonte de conflictos é un desafío para todos e un obxectivo que debemos afrontar.
Sem comentários:
Enviar um comentário