sexta-feira, 9 de novembro de 2012

Festa do Porco ao Espeto en Rebordáns


En Rebordáns van celebrar o sábado a Festa do Porco ao espeto organizada polo Centro Cultural San Fins. Será a partir das nove da noite no propio centro cultural cun menú formado por porco ao espeto acompañado de cachelos, pan, viño ou auga, sobremesa e café.
E o día seguinte o protagonismo será para as castañas e o viño novo na Festa do Socio que a partir das cinco da tarde organiza tamén o Centro Cultural.

Sem comentários:

Enviar um comentário