segunda-feira, 26 de novembro de 2012

INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DAS OBRAS PRESENTADAS AO V CONCURSO DE FOTOGRAFIA “RELACIÓNS HOME-MULLER 100% POSITIVO”


Esta tarde ás 19,00 horas terá lugar na zona Anexo da Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui (Edifício Área Panorâmica) a inauguración da exposición das obras participantes na quinta edición do concurso fotográfico: “Relación home-muller 100% positivo”, convocado pola Concellería da Muller e Servizos Sociais do Concello de Tui co gallo da celebración do día 25 de novembro, Día internacional contra a violencia de xénero.
No decurso deste acto se comunicará o nome do gañador/a desta nova edición deste concurso que recibirá 300 euros como premio. A través desta actividade o Concello de Tui quere facer fincapé nas relacións entre a  muller e o home, resaltando dunha forma positiva a relación de parella, amizade, convivencia no traballo. . . é dicir, en todos os ámbitos da vida.
Para a concelleira de muller, Dorinda Olga Montes Moldes, con este concurso quérese resaltar que aínda que, desgraciadamente, existan víctimas de violencia de xénero, afortunadamente, a maioría de relacións entre homes e mulleres son relacións non violentas. Con esta campaña queremos fomentar este tipo de relacións e que acabemos entre todos coa violencia machista. Este concurso é unha actividade xa consolidada na campaña que desenvolve o Concello arredor do “Día internacional contra a violencia de xénero” e que incide nos aspectos positivos da relación entre homes e mulleres para consolidar os hábitos respectuosas nesta relación entre a muller e o home.

Sem comentários:

Enviar um comentário