A Deputación Provincial de Pontevedra ven de concederlle ao Concello de Tui a cantidade de 331.868,79 euros ao abeiro do Plan de Investimentos e gasto corrente para este ano 2012. Tras o correspondente análise das necesidades existentes no noso municipio o goberno municipal tudense ten acordado destinar este investimento a un total de dez obras de saneamento e mellora da pavimentación a executar en oito parroquias do noso Concello.
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, salienta o feito que esta importante achega económica da Deputación Provincial é destinada exclusivamente polo Concello de Tui a investimentos en obras e servizos non sendo necesario destinar cantidade algunha para os gastos correntes do Concello, pois o Concello de Tui posúe unha economía saneada que non precisa de financiamento externo para os seus gastos correntes.
Para o rexedor tudense coas obras proxectadas ao abeiro deste Plan de investimentos se continuará completando a rede de saneamento das diversas parroquias tudense integrando na rede municipal a sectores do territorio municipal que ata agora non participaban nesta rede e se promoverá a pavimentación de diversas pistas e camiños rurais para garantir unha axeitada accesibilidades aos diversos núcleos de poboación do noso municipio e incrementando tamén a seguridade vial de vehículos e peóns.
Polo tanto grazas a esta achega da Deputación de Pontevedra se realizaran obras no noso municipio por máis de 330.000 euros e que contribuirán a reactivar a economía e combater a elevada taxa de desemprego que se soporta na provincia impulsando investimento encamiñados a superar a etapa de crise económica que estamos a padecer.
Sem comentários:
Enviar um comentário