Este sábado, 17 de novembro, ás 18.30 horas, ao carón das instalacións deportivas municipais de remo e piragüismo, levarase a cabo o acto de nominación da Rúa Olímpicos Tudenses, onde se descubrirá unha placa cos nomes dos deportistas tudenses que participaron nos Xogos Olímpicos.
O listado dos deportistas tudense presentes nalgunha olimpíada abrangue a:
Enrique Míguez Gómez
José Ignacio Bugarín Pereira
Jacobo Moroño Montes
Pedro Areal Abreu
Jesús González Álvarez
Frank Casañas Hernández
Neste acto estarán presentes, tanto o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, os membros da Corporación Municipal e todos os deportistas tudenses que participaron nos Xogos Olímpicos así como os presidentes e representantes dos clubs tudenses.
Dende o Concello de Tui invitamos a todos os cidadáns tudenses a participar neste acto e acompañar aos máximos expoñentes do deporte tudense neste recoñecemento ao seu labor deportivo.
Sem comentários:
Enviar um comentário