O vindeiro xoves 15 de novembro a partir das 20:30h, na Sala de Audicións do Conservatorio Profesional de Música e da Escola de Música Municipal de Tui, celebrarase o Concerto de Inauguración do Curso 2012-13 e a entrega dos diplomas e DVDs aos alumnos que participaron no ciclo de Concertos de Fin de Carreira do curso pasado.
O concerto correrá a cargo do grupo didáctico “Obradoiro Antón Corral”. A entrada é gratuíta ata encher o aforo.
A concelleira de Educación e Cultura, Vanesa Rodríguez Pereira, anima a todos os alumnos deste centros educativos do Concello de Tui a participar neste acto asi como aos tudenses a acudir a este concerto e a coñecer as instalacións e funcionamento deste Conservatorio e Escola de Música no que reciben ensinanzas musicais, tanto de caracter regrado no Conservatorio coma non regrado na Escola de Música, un total de 320 persoas. A procedencia destes alumnos é maioritariamente de Tui, pero tamén hai alumnos da bisbarra como de A Guardia, O Rosal, Tomiño, Gondomar, Salvaterra, Salceda, Porriño, Mos, Vigo, Ponteareas, Nigrán e Baiona, sen esquecer os procedentes do país veciño, Portugal, que tamén son un número importante.
O Conservatorio e a Escola de Música enriquecen a oferta formativa que promove o Concello de Tui e que abrangue outros servizos como a Escola Oficial de Idiomas ou a Aula da Uned.
GRUPO DIDACTICO “OBRADOIRO ANTÓN CORRAL”
De Antón Corral xurde a idea de crear un Grupo Didáctico musical como ven facendo o longo da sua traxectoria como mestre artesán en todos os lugares nos que traballou e residiu, asi como Ortigueira, Lugo, Vigo e finalmente Tui, lugar no que actualmente se atopa. O obradoiro que leva o seu nome está dirixido polo seu neto Ramón Corral.
Este grupo esta composto por 12 rapaces, todos eles membros da Banda de Gaitas San Xoán de Paramos. A intención do grupo e dar a coñecer os instrumentos populares galegos, en canto as súas características musicais, como o aspecto relativos a sua construcción.
Nas distintas actuacions, demostrase a gran riqueza e versatilidade da música tradicional galega, e o publico pode disfrutar dos sons da zanfona, requinta, pito pastoril, gaitas en distintas tonalidades, asi como percusión, acordeón, clarinete, etc.
Cabe destacar nomes como Carlos Núñez, Anxo Pintos, Carlos Corral entre outros como membros dos distintos grupos didácticos que formou o mestre Antón Corral.
Sem comentários:
Enviar um comentário