quarta-feira, 14 de novembro de 2012

Mamá Cabra presenta “Ola ola la!”


"Ola Ola lá!” é o título do espectáculo musical que este venres o grupo Mama Cabra achega ao Teatro Municipal de Tui. Dende ás 20h e durante 60 minutos pequenos e maiores poderán disfrutar dunha actuación musical  na que o público será tamén un gran protagonista.
As entradas para a función están xa á venda en www.culturatui.info ata o venres ás 13h ou o venres dende ás 18.30h no despacho de billetes ao prezo de 3€ e 2€.
Mama Cabra é un grupo de música infantil que nos seus espectáculos mestura poesía, pezas do folclore e temas propios, cun enfoque lúdico, participativo e didáctico. En “Ola Ola lá”  faise acompañar por un coro do máis divertido de tal xeito que sobre o escenario estarán Gloria Mosquera, voz, Paco Cerdeira, guitarra, Tomi López, baixo eléctrico, Rodrigo López, batería, Pablo Dalama, saxo, gaita, frauta e clarinete e Paula Romero, Merchi Rozas e Miguel Flores no coro. 
Este venres no Teatro, ao igual que levan facendo por distintos espazos escénicos con gran éxito de público,  presentarán unha morea de cancións para concienciar aos máis pequenos da importancia de comer ben, de respectar o medio ambiente, da amizade e de cómo pasalo ben. 
Mama Cabra con “Ola ola lá!”
Data: Venres, 16 de novembro, ás 20h
Lugar: No Teatro Municipal de Tui
Entradas: Á venda na web www.culturatui.info ata o venres ás 13h, ou no despacho de billetes o venres dende ás 18.30 do comezo ao prezo de 3€ e 2€.

Sem comentários:

Enviar um comentário