É o último percorrido do ano do circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade
Este sábado, 12 de decembro, a Eurocidade Tui-Valença organizará o último percorrido do IV Circuito de Andainas/Trilhos Saudables, o “TRILHO MOSTEIRÓ”. Sairá ás 10.00 horas españolas, dende a igrexa matriz de Cerdal, percorrendo a freguesía de Cerdal.
Como nos trilhos anteriores, o punto de encontro alternativo para aqueles que descoñezan o ponto anterior, será no aparcamento do Lidl de Valença, ás 09.45 horas españolas.
Esta andaina terá unha distancia a percorrer de 11,8 quilómetros, sendo o grado de dificultade fácil, cunha duración do percorrido de ao redor de 4 horas e media.
Toda a información referente ao Circuito de Andainas Saudables da Eurocidade pode atoparse na páxina do Facebook, “Caminhadas Saudáveis e Andainas Saudables”.
Esta andaina pecha o IV Circuito de Andainas Saudables da Eurocidade, que voltará no próximo ano 2016 con novos percorridos pola Eurocidade Tui-Valença.
IV Circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade - Trilho de Mosteiró
Sábado 12
Saída ás 10 hora española dende a igrexa mariz de Cerdal ou ás 9.45 dende o aparcamento do Lidl en Valença
Percorrido de 11.8 quilómetro de dificultade doada
Tempo estimada 4 horas e media
Sem comentários:
Enviar um comentário