quarta-feira, 9 de dezembro de 2015

Tui acolle mañá a reunión final do proxecto ARPAD

A Casa do Concello de Tui acolle mañá xoves, 10 de decembro,ás 11h  a reunión final do proxecto ARPAD, Arquivo Dixital, conservación do patrimonio documental e eliminación de papel nas relacións administrativas, dentro do programa de Cooperación Transfronteiriza España – Portugal 2007-2013
O Proxecto ARPAD ten coma obxectivos a creación do Arquivo Dixital de Galicia, a conservación e difusión do patrimonio documental conxunto, a habilitación de servizos dixitais e a eliminación do papel nas relaciones administrativas na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
O Concello de Tui é un dos socios deste proxecto xunto á Deputación de Pontevedra, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, a Secretaría Xeral de Cultura, a Dirección Xeral de Administración local, o CIXTEC e a Comunidade Intermunicipal do Minho-Lima. Asistirán á reunión representantes dos socios deste proxecto. 
O traballo do ARPAD estruturouse en catro eixos: o deseño e construción do Arquivo Dixital Integrado de Galicia; Servizos de interoperabilidade transfronteiriza; servizos dixitais de supresión de papel e conservación e promoción do patrimonio documental. No marco do segundo dos eixos levouse a cabo o desenvolvemento dunha rede de rexistros interconectados e impulsando a modo de experiencia piloto o rexistro administrativo da Eurocidade Tui - Valença. 
No caso do Concello de Tui grazas ao ARPAD dixitalizáronse 183.448 folios dos libros datados entre o século XVI e comezos do XXI do arquivo Municipal de Tui. Amais levouse a cabo a actualización de equipos para a facturación electrónica, actualizou o programa de venda de entradas do Teatro Municipal e adquiriuse un dixitalizador. O investimento final acadou os 86.431,71 €. 

Sem comentários:

Enviar um comentário