terça-feira, 28 de agosto de 2012

1ºTrofeo Cidade de GTui


O novo pavillón municipal de Tui acolle este sábado o I Trofeo Cidade de Tui de Fútbol Sala organizado polo Club Deportivo Tui Fútbol Sala coa colaboración da concellería de Deportes do Concello de Tui .
Nesta primeira edición vanse enfrontar o Santiago Futsal e o C.D. Burela Fútbol Sala Pescados Rubén nun partido que vai comezar ás 20.30h.
O prezo das entradas para o partido é de 5€ para adultos, 3€ para nenos maiores de 10€ e gratuíta para os menores desta idade.
Previamente de 18 a 19h haberá unha xornada de fútbol sala dirixido a nenos de 4 a 10 anos a cargo de monitores do Santiago Fútsal. A participación será completamente gratuíta e os nenos o único que terán que facer é acudir ao novo pavillón con roupa deportiva.
Dende a Concellería de Deportes do Concello de Tui queren felicitar ao Club Deportivo Tui Fútbol Sala por esta iniciativa e desexan que sexa un éxito.

Sem comentários:

Enviar um comentário