O pasado domingo ao mediodía tivo lugar no Concello de Tui unha recepción aos responsables, profesores e alumnos de Música en Compostela nunha xornada na que este prestixioso festival centrou en Tui a súa actividade coa coprodución do concerto de Montserrat Torrent en Música no Claustro. No acto estiveron presentes tamén os edís Raquel Lorenzo eAngel Gutiérrez, o director artístico de Música no Claustro, Samuel Diz, e o coengo da Catedral, Don Ricardo García.
A concelleira de Cultura, Vanesa Rodríguez, deulles á benvida na Casa do Concello desexando que a colaboración establecida este ano continúe no futuro, e se consolide esta coprodución de concertos entre Música en Compostela e Música no Claustro, non desbotando incluso outras actividades do festival compostelán en Tui.
Posteriormente na Catedral celebrouse unha misa presidida polo bispo Monseñor Quinteiro Fiuza, coa participación musical dos alumnos do curso de Música en Compostela. Houbo tamén tempo para realizar unha visita aos lugares máis emblemáticos de Tui como a Catedral, entre outros.
Sem comentários:
Enviar um comentário