Celebrarase na Catedral de Tui, do Mércores 8 ao Domingo 12 de Agosto . Baixo o lema de “CreatiVIDAde” vaise celebrar en Tui a oitava edición do ciclo de concertos no Claustro Gótico da Catedral, Música no Claustro.
Unha edición na que a redución do orzamento non se traduce nun programa recortado, senón que froito da imaxinación xunto á implicación de novas entidades e persoas, é posible unha edición que segue avanzando, que chega con novas propostas para converter ao festival un ano máis nun referente musical na contorna.
Toda a programación foi dada a coñecer esta mañá na sancristía da Catedral polo alcalde, Moisés Rodríguez, a concelleira de Cultura, Vanesa Rodríguez, o cóengo da catedral, Don Ricardo García, o director artístico de Música no Claustro, Samuel Diz, e un dos artistas que actuará este ano chegado dende os Estados Unidos, Hermelindo Ruíz.
Samuel Diz sinalaba que a pesar das actuais circunstancias “non podemos parar a arte” destacando que as unións logradas e a suma de sinerxías “é a clave para que Música no Claustro avance”.
Don Ricardo García lembraba que este proxecto comezou coa idea de dar a coñecer aos músicos da canteira local, e se ten transformado nun evento consolidado de gran nivel.
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, destacaba que “en Tui sábense facer as cousas con profesionalidade, cariño e neste caso tamén con corazón” gabando a programación deste ano e a aposta que se segue a realizar pola xente nova. Aludía tamén a importante repercusión internacional que ten Música no Claustro.
A concelleira de Cultura, Vanesa Rodríguez, sinalaba que esta actividade “sempre nos sorprende”, e manifestaba o orgullo de que un ano máis se continúe con este ciclo.
Concertos
No que aos concertos se refire, o inaugural o mércores 8, correrá a cargo do dúo de guitarra “Zidur” formado por Hermelindo Ruíz e do propio Samuel Diz cun programa baseado en música de Porto Rico, con algunhas obras de Hermelindo Ruíz, e tamén interpretarán a obra 'Violetas' do ourensán José Fernández Vide a partir da partitura recuperada o ano pasado. O xoves 9 chega unha das propostas máis novidosas con Spoken Word’ Serán, cuxa tradución literal do inglés sería “palabra falada”. Aquí conflúen o tudense Miguel González Diz, campión galego de Beat Box, e Marçal Font Espí, poeta, campión nacional de Poetry Slam.
O venres recollerá a testemuña Álterum Cor, de Valladolid, nun concerto coproducido xunto ao Curso Coral “Tamara Brooks” organizado por Camerata Ad Libitum, cun repertorio de música tanto sacra como profana.
O sábado, trala positiva experiencia do ano pasado, regresan a Música no Claustro Guadi Galego e Guillerme Fernández, esta vez fano xunto a Xabier Díaz e Xosé Lois Romero presentando o seu novo disco “aCadaCanto”.
O concerto de clausura, o domingo, é froito doutra colaboración, desta vez con Música en Compostela, que por primeira vez nos 55 anos de existencia deste evento, se achega a Tui. Vaino facer cun concerto de órgano a cargo da veterana e reputada Montserrat Torrent.
Todos os concertos serán ás 21h no Claustro Gótico, salvo o de órgano que terá lugar no interior do templo catedralicio, con entrada libre até completar o aforamento.
Dende Música no Claustro séguese apostando amais polos novos músicos locais ao través do ciclo JL Música. Nesta ocasión mércores, xoves e venres actuarán un cuarteto de música tradicional, un cuarteto de corda e un dúo de acordeóns respectivamente do Conservatorio Profesional de Música de Tui.
Actividades Paralelas
O programa musical complétase con actividades paralelas. Así baixo o epígrafe de “transFormación” haberá dous obradoiros gratuítos. O primeiro “Os sentidos de García” será o mércores 8 ás 12h a cargo de Marina Cruces da Viñoteca de García que espertará nos nenos e nenas de 8 a 12 anos o sentido do olfato. Logo o venres 10 ás 12h “A música: factoría de emocións” Laia Pujol Morera de Factoría Musical creará un vínculo entre fillos e pais ao través da música. Neste caso poden participar nenos e nenas de 3 a 7 anos cos seus pais.
Por outra parte cada tarde, ás 20h, está prevista unha conferencia. Javier Jurado disertará o mércores sobre “O mestre Vide”. O xoves Mireia Valldecabres de FanFunding.es explicará unha nova vía de financiamento de proxectos culturais denominada Crowdfunding. Xa o venres Samuel Diz moderará unha mesa redonda titulada “A creatividade coma luz o camiño”. Por último o sábado a tudense Diana Balboa exporá a relación que existe entre a música e os viños, tema que está abordando nun traballo de investigación.
Compre destacar tamén a orixinalidade do cartel deste ano, obra do ilustrador Álvaro Reinoso, que plasma un gran corazón vermello no centro de deseño, como o órgano que move a vida e neste caso a creatiVIDAde, e está situado precisamente sobre o órgano catedralicio, coa venas e arterias simulando precisamente os distintos elementos arquitectónicos do templo.

Sem comentários:
Enviar um comentário