Os esquiadores tudenses do Club Náutico San Telmo coparon a meirande parte dos podios na 1ª Proba puntuable para a Copa Galicia de Esquí Náutico celebrada en augas do río Miño en Tui. Participaron un total de 33 esquiadores de distintos clubs Galegos nas modalidades de slalom, minislalom e flagslalom.
En Slalom os esquiadores de Tui coparon os primeiros lugares do podio en sub 21, sub17, sub 14 e sub 12 da man de Alejandro Pamies, Silvia Pequeño, Andrea Monzón e José Leiras respectivamente. Amais medalla de prata ara Catalina Pamies en sub17 e Gonzalo Pamies. Amais lograron a medalla de bronce Javier Pamies en senior e José Ramón Garrido en Open.
Mentres en minislalom ouro para Candela Alonso en sub 14, e Silvia Leiras en sub 10, e prata para Sonia Castiñeiras en sub 17 e Alba Arteta en sub 14.
Por último en flagslalom os de Tui lograron tres ouros, unha prata e dous bronces. Primeiro posto para Paula Humada en sub 14, Martín Vázquez en sub 12, e Pilar Vázquez en sub 10. Mentres medalla de prata para Carlos Muller en sub 12, e bronce para David Humada tamén en sub 12 e Juan Muller en sub 10.
Dende o Concello de Tui quérese felicitar a estes deportistas tudense polo éxito logrado na nesta primeira proba da Copa Galicia, animándoos a continuar na práctica deportiva.
Sem comentários:
Enviar um comentário