A aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Tui acolle do 10 ao 13 de setembro un novo curso de formación en materia audiovisual dirixido a todas as persoas interesadas neste novo ámbito profesional neste caso sobre "Streaming de audio e vídeo”.
Curso: Streaming de audio e vídeo
Datos Xerais
Nivel: Básico
Prazas: 40
Número de horas: 15
Datas: 10 - 13 de setembro de 2012
Horario: 10,00 a 14,00 h.
Descrición: A través deste microcurso de 15 horas preténdese dar unha visión o máis completa posible e proporcionar a difusión das tecnoloxías multimedia dixital (audio e vídeo) a través da rede. Preténdese que asistentes sexan capaces de montar o seu propio servidor de streaming de audio / vídeo e teñan a capacidade para facer eventos en directo por Internet. Está orientado fundamentalmente a futuros traballadores ou interesados no audiovisual en xeral e que teñan nocións básicas sobre streaming de audio e vídeo e queiran ampliar as súas capacidades e coñecementos neste ámbito, así como a aquelas persoas cunha formación media de calquera tipo que desexen aprender as técnicas de streaming de audio e vídeo, abrindo novas vías de formación e emprego.
Inscrición: O curso é gratuíto. Se o interesado é usuario da Rede CeMIT, poderá inscribirse a través da web aulascemit.xunta.es/inscripcion e poderá seguir o seu proceso de reserva de praza; se aínda non é usuario da Rede CeMIT ou accede por primeira vez, debe achegarse á aula CeMIT (antigo Telecentro) de Tui, situada na rúa Colón, 2 (Edificio Área Panorámica – primeiro andar), co seu DNI e formalizar o proceso de inscrición como usuario da Rede para poder preinscribirse en calquera curso de Programa de Formación 2012.
Para o Concello de Tui esta nova actividade amplía a oferta de formación que promove o Concello de Tui coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para favorecer a formación en novas especialidades e materia que atopan demanda no mercado laboral. Así este Aula reabre de novo como “Aula Aberta” o vindeiro martes 4 de setembro en horario (de luns a venres) de 10,00 a 13,30 horas, agás cando existan cursos en que poderá modificarse este horario en función destas actividades formativas. Deste xeito o Concello promove o funcionamento deste espazo de tecnoloxías da información e á comunicación aberta ao público en xeral.
Sem comentários:
Enviar um comentário