Esta mañá tivo lugar no Centro de Formación do Concello de Tui o acto de apertura dos catro cursos de formación ocupacional que financiados pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e xestionados polo Concello se desenvolverán no Centro de Formación ao longos dos vindeiros meses.
O acto estivo presidido polo Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, acompañado do concelleiro de emprego e formación, José Ángel Villaverde Rocha, xunto ás concelleiras Olga Montes e Vanesa Rodríguez.
En concreto o pasado xoves 23 de agosto comezou o curso de “Instalación de elementos de carpintería” de 578 horas en horario de 7:00 a 15:00, cun orzamento de 73.301,51€. Este luns 28 empezaron os cursos “Operacións auxiliares de montaxe de redes eléctricas” de 298 horas en horario de 9:00 a 13:30, cun orzamento de 40.328,38€ así como o de “Operacións de fontanería e calefacción – climatización doméstica” de 558 horas en horario de 7:00 a 15:00, cun orzamento de 79.468,75€; de inmediato se inicia tamén o curso de “Montaxe de mobles e elementos de carpintería” de 538 horas en horario de 15:00 a 23:00, cun orzamento de 68.217,24€.
A impartición destes cursos supoñen un investimento de 261.315,88 € por parte da Consellería de Traballo e Benestar, e testemuñan o positivo traballo que desenvolve o Concello tudense pois, logo de Vigo e Pontevedra, é o municipio da provincia que recibe a achega máis importante.
Amais a impartición deste cursos supón a formación de 60 desempregados de Tui e a súa contorna que gracias a estas acción formativa verán melloradas as súas expectativas no mercado laboral.
Para o concelleiro responsable de Emprego e Formación, Jose Ángel Villaverde, estas actividades formativas testemuñan o importante compromiso que o Concello de Tui realiza a prol do emprego neste momento de crise, impulsando a contratación de ata 23 persoas (por medio do Plan de Emprego Local e o Grumir) e agora coa formación deste colectivo de 60 persoas.
Mentres o alcalde, Moisés Rodríguez, sinalou que nestes con estes cursos se busca incrementar o nivel de formación dos desempregados para así no futuro facilitar a súa incorporación ao mundo laboral. Nese senso indicaba que “unha vez se acabe a formación tédenos ao voso carón para seguir buscando emprego que é a nosa prioridade máxima”
Sem comentários:
Enviar um comentário