A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, e o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, inauguraron onte a nova oficina municipal de Turismo de Tui, cuxas obras contaron cunha achega da Secretaría Xeral para o Turismo.
Este novo servizo turístico sitúase nunhas instalacións cedidas polo Bispado de Tui-Vigo, dentro do Museo diocesano desde onde se dará información turística a visitantes e peregrinos que realizan o Camiño Portugués cara a Compostela.
Carmen Pardo referiuse á colaboración institucional entre Xunta de Galicia, o Concello de Tui e o Bispado de Tui-Vigo, que posibilitou poñer en marcha este novo servizo turístico, nun dos lugares máis céntricos da ciudad tudense.
Camiño Portugués
Na súa intervención, a secretaria xeral para o Turismo lembrou a importancia que ten esta ciudad, incluida no xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño, e que foi capital dunha das provincias do antigo Reino de Galicia e declarada conxunto histórico artístico no ano 1967, para o Turismo cultural da Comunidade galega, así como lugar de entrada do meirande número dos turistas estranxeiros que visitan Galicia cada ano.
Por outra parte, Carmen Pardo referíuse ao Camiño de Santiago, e concretamente ao Camiño Portugués, que segundo manfiestou “é a segunda ruta en importancia logo do Camiño francés, cun incremento espectacular de peregrinos nos últimos anos”.
Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño
Na súa intervención, a secretaria xeral para o Turismo referiuse tamén ao xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño, no que se atopa Tui.
Neste sentido, Carmen Pardo fixo un repaso polo principais recursos turísticos, salientado a propia ciudad de Tui, o parque natural do Monte Aloia, e o Castro de Santa Trega, entre outros.
Polo que respecta aos produtos turísticos cabeceira de marca, a secretaria xeral para o Turismo referiuse aos principais desta zona, centrados en Bosques de Galicia, Paseando entre viñedos, Faros e praias salvaxes, Mananciais de Galicia e Patrimonio oculto.
Sem comentários:
Enviar um comentário