Este venres, 17 de agosto, ás 22.30h proxectarase na Praza de San Fernando a película “Kung Fu Pnada 2”. Trátase dun filme para todos os públicos cunha duración de 92 minutos. Esta actividade forma parte da programación do verán organizada pola Concellería de Cultura de Tui.
O oso panda Po está a vivir o seu soño coma guerreiro do dragón protexendo, xuntos aos mestres do Kung Fu Os Cinco Furiosos, o Val da Paz. Pero unha sombra comeza a aparecer sobre o seu futuro porque un malvado vilán pretende empregar unha arma segreda para conquistar China e facer desaparecer o Kung Fu.
En caso de choiva a proxección terá lugar no Teatro Municipal, onde se deben retirar as entradas de balde, dende media hora antes do comezo da proxección, cun máximo de dúas por persoa. O aforamento no Teatro é limitado.
Cinema ao aire libre “Kung Fu Panda 2”
Lugar: Praza de San Fernando
Data: Venres, 17 de agosto ás 22.30h
Sem comentários:
Enviar um comentário