Mañá venres, 17 de agosto, terá lugar unha nova visita guiada nocturna das que a Eurocidade Tui-Valença promove nos meses de xullo e agosto a diversos elementos patrimoniais de ambas localidades co obxectivo de ofrecer un achegamento dos propios veciños e dos numerosos visitantes que nestas datas visitan ambas cidades a diversos lugares emblemáticos dos conxuntos históricos de Tui e Valença.
Así mañá venres dende as 22,00 horas terá lugar unha visita guiada polas ribeiras do río Miño na cidade de Tui que comezará na pérgola da Alameda (por detrás da Igrexa de San Domingos) para continuar logo polo paseo fluvial ata as inmediacións da Ponte Internacional percorrendo diversos elementos patrimoniais existentes neste itinerario: antigo porto fluvial tudense, murallas medieval e moderna, antigo porto da barca de pasaxe a Portugal, etc.
Nas dúas seguintes semanas continuará este programa primeiro en Valença do Minho e posteriormente en Tui.
24 de agosto: Valença - 21,30 h.
Visita nocturna aos camiños de ronda da muralla moderna de Valença
Momentos musicais, Demostração de defesa militar, Inicio Porta da Coroada
31 de agosto: Tui – 22,00 horas
Noite xudía en Tui
Esta actividade está organizada polas concelleiras de Cultura e Turismo do Concello de Tui e da Cámara Municipal de Valença e conta coa colaboración de diversas entidades e institucións de ambas cidades. A hora é sempre a hora local.
Sem comentários:
Enviar um comentário