Nove persoas comezaron hoxe a traballar no Concello de Tui ao abeiro do Plan de Emprego Municipal. Trátase de seis peóns e tres oficiais de segunda que hoxe asinaron os seus contratos logo de superar as pertinentes probas de seleccións nos últimos días.
A este nove traballadores sumaranse dous auxiliares administrativos que teñen que pasar previamente as probas de selección que se farán a próxima semana. En conxunto o Concello de Tui destina a este Plan de Emprego 105 mil euros de fondos propios cos que facilita durante seis meses a incorporación de once persoas ao mercado laboral.
É a primeira vez que Concello de Tui promove un Plan de Emprego Municipal unha iniciativa que se enmarca dentro da prioridade de promoción do emprego fixada polo goberno municipal que preside Moisés Rodríguez.
O alcalde na recepción desta mañá felicitou aos novos traballadores municipais pola consecución deste contrato laboral, un tempo no que realizarán o seu traballo en diversos servizos municipais.
Destaca amais Moisés Rodríguez que en breve se incorporarán tamén á plantilla municipal 12 persoas para o Grupo Municipal de Intervención Rápida, co que en conxunto neste mes de agosto se crearán 23 novos postos de traballo, contribuíndo así a redución no número de desempregados do municipio.
Sem comentários:
Enviar um comentário