Este sábado celébrase o XXXV Descenso da Virxe da Rocha organizado polo Club Piragüismo Penedo de Caldelas. A saída será ás 17h dende terra en Salvaterra do Miño e a chegada a altura do Club Penedo en Caldelas cun percorrido de 7 quilómetros. Van participar preto de 200 padeeiros tanto galegos como portugueses en embarcacións k1, k2, c1 e c2.
Dende a Concellería de Deportes quérese felicitar ao Club Penedo pola organización desta proba que se celebra dende 1978. O responsable desde departamento, Nicolás Lorenzo, expón que de novo o río Miño volve centrar a actividade deportiva do verán en Tui como fixo xa con anterioridade co Descenso Internacional, o Campionato de España de Maratón de Piragüismo ou o Máster de Remo. Desexa o edil que o Descenso deste sábado sexa todo un éxito.
Sem comentários:
Enviar um comentário