quinta-feira, 30 de agosto de 2012

APERTURA DO PRAZO DE SOLICITUDE PARA PARTICIPAR NOS CURSOS “ACTIVATE” EN TUI


O departamento de Servizos Sociais do Concello de Tui informa que este sábado, 1 de setembro, ábrese o prazo de inscrición para os cursos “Actívate” que se van impartir en Tui coa colaboración da Deputación de Pontevedra.
En concreto en Tui ofértase as seguintes accións formativas:
un curso de “Reparacións domésticas de fontanería, albanelería e carpintería” 
outro curso de “Técnicas de aseo e hixiene á persoa dependente” 
Estes cursos, cunha duración de 40 horas cada un, van dirixidos a mozos/as de 16 a 35 anos de idade residentes en Tui. Se non se cumpre o requisito da idade ou o de empadroamento en Tui pasaríase a formar parte dunha lista de agarda. 
Para a impartición dos cursos ten que haber un mínimo de 25 alumnos. No caso de que o número de solicitantes excedese as prazas ofertadas para cada curso a orde de preferencia sería do seguinte xeito:
1) Persoas desempregadas que non participasen na edición do Actívate ano 2011 (segundo o rexistro de entrada).
2) Persoas en activo que non participasen na edición do Actívate ano 2011 (segundo o rexistro de entrada).
3) Persoas desempregadas e en activo que participasen na edición pasada.
4) Persoas da lista de agarda (persoas doutros concellos ou de idades diferentes a 16-35 anos).
A solicitude farase a través dun modelo oficial de inscrición, que se pode recoller no departamento de Servizos Sociais do Concello de Tui. No momento de presentación da mesma débese aportar fotocopia do DNI e da tarxeta de demandante de emprego se é o caso.  O prazo para a presentación de solicitudes remata o 20 de setembro.
Para a concelleira de Servizos Sociais, Olga Montes Moldes, estas accións de caracter formativo están dirixidas a ofrecer novas alternativas de formación para os mozos e mozas tudenses en sectores profesionais nos que existe previsión de demandas laborais. Estes cursos complementan a ampla oferta que en materia de emprego e formación desenvolve o Concello de Tui.

Sem comentários:

Enviar um comentário