Ás sete desta tarde inaugúrase na Sala de Exposicións Municipal na Área Panorámica a exposición “España-Israel en caricaturas” conmemorativa dos 25 anos de relacións diplomáticas entre os dous países. A mostra está organizada pola Embaixada de Israel e a Concellería de Cultura de Tui coa colaboración do Centro Sefarad Israel e a Asociación da Prensa de Madrid.
A exposición recolle corenta e catro debuxos de 50x50 cm realizados por dezaoito debuxantes israelís e españois. Entre eles está Mingote, Juan Álvarez, J. M Varona “Che”, José Orcajo, Nimrod Reshef, Zeev Engelmayer, Sergei Sichenko entre outros.
A mostra poderá visitarse ata o 8 de setembro. Esta actividade forma parte do programa da Xornada Europea da Cultura Xudía 2012 que comprende tamén visitas guiadas a vestixios xudeus en Tui o 31 de agosto, e o 1 e 2 de setembro.
Sem comentários:
Enviar um comentário