Este sábado celébrase en Tui a II Festa Gastronómica dentro da ampla programación prevista para este día na cidade no marco da II Festa do Miño.
A Festa Gastronómica vaise celebrar no céntrico Paseo da Corredoira entre ás 18 e ás 23h. Neste lugar instalarán vinte postos de comida a cargo de dez asociacións culturais do municipio que ofrecerán pinchos tradicionais a 1 e 3€. En concreto van participar as asociacións do Traxe Tudense, Xuntanza de Randufe, Seixos Albos de Areas, San Fins de Rebordáns, Lembranza da Terra de Guillarei, Cultural Santiago de Malvas, San Xoán de Paramos, A Insua de Caldelas, O Mosteiro de Pexegueiro e Santa Columba de Ribadelouro. As persoas que estarán ao fronte destes postos contan co correspondente carné de Manipulador de Alimentos. Cada unha destas agrupacións amais de ofrecer produtos tradicionais da nosa gastronomía ambientarán a festa con música cos seus grupos de gaitas. Haberá tamén na Corredoira oito postos de bebidas a prezos populares.
Amais os asistentes á Festa Gastronómica poderán disfrutar das espectaculares exhibicións do bikers de Red Bull que actuarán no Paseo da Corredoira durante este evento. Entre eles estarán algún dos mellores bikers europeos que brindarán un espectáculo único.
A Asociación de Comerciantes e Industrias de Tui se suma tamén a esta Festa Gastronómica coa celebración da Ruta do Europincho o venres a partir das 20h e o sábado ao longo de toda a xornada en doce establecementos. Serán Happy Pizza, Tapería O Albergue, Confitería Rosendo, Monumental Gastro&Cocktail Bar, La de Manu Tapería, Café Bar Scala, Le Boulevard, Jamón Jamón, Mel e Chocolate, La Cava Tapería, Cafetería Santa Columba e Jaqueyvi. A variedade que se oferta é diversa e vai dende brocheta de solomillo, torilla rechea, filloa rechea de setas, montado de gulas, empanadiññas, empanada de grelos, ameixas con fideos a tostada de ventresca con pementos asados. Cada establecemento prepará algún destes produtos.
A concelleira de Cultura de Tui, Vanesa Rodríguez, agradece a súa implicación e colaboración ás asociacións culturais que este sábado van estar presentes na Festa Gastronómica, desexando que volva a ser todo un éxito. Tamén amosa o seu agradecemento a ACITUI por sumar á festa coa ruta do Europincho.
Lembramos que a II Festa do Miño comezará ás 12h coa saída da caravana dende a Corredoira ata Caldelas, onde se iniciará a Romería Popular. Ás 16.30h sairá o Descenso Popular do Miño e dúas horas despois o 41º Descenso Internacional. O fin de festa será á partir das 00h no Paseo Fluvial con Dover, dj Sexation, dj Fonsi Nieto e os dj’s locais Oscar e Trillo.
Sem comentários:
Enviar um comentário