segunda-feira, 13 de agosto de 2012

As escavacións arqueolóxicas de 1970 en San Bartolomeu de Rebordáns


A igrexa parroquial de San Bartolomeu de Rebordáns é un monumento realmente singular pola súa arquitectura e a súa antigüidade, unha auténtica alfaia. Pero xunto aos valores artísticos e históricos non é tan amplamente coñecida a súa dimensión arqueolóxica que posúe un grandísimo interese.
No ano 1970 comezou un proceso –que demorou varios anos- de restauración deste templo. Como paso previo a esta intervención foi realizado na segunda metade do ano 1970 un proceso de escavación arqueolóxica dirixido por Manuel Chamoso Lama, responsable daquela dos temas de patrimonio en Galicia, coa colaboración de Xosé Filgueira Valverde, director do Museo de Pontevedra. Froito daquela campaña foi o descubrimento da necrópole sobre a que se asenta esta igrexa de San Bartolomeu, e que hoxe podemos contemplar baixo o chan do templo parroquial, e de diversas estructuras arquitectónicas no adro que foron tras o seu estudo de novo soterradas para garantir a súa conservación. (...)
in Tudensia

Sem comentários:

Enviar um comentário