domingo, 26 de agosto de 2012

Iº Motochurrascada Armas do Asfalto de Tui


O Motoclub Armas do Asfalto de Tui organiza este domingo, 2 de setembro, a I Motochurrascada Armas do Asfalto. A cita comeza ás 19.30h na Área Panorámica dende onde os participantes sairán para facer unha ruta de montaña ata o alto de San Cosme. Ao regreso compartirán unha merenda cea con churrasco, a 3,50€ a ración de churrasco e pan. Haberá tamén unha exposición de motos clásicas e música.
Os interesados poden acadar máis información e inscribirse no 986 60 03 60 ou no 607005 664. O aforo máximo é de 100 persoas.

Sem comentários:

Enviar um comentário