terça-feira, 28 de agosto de 2012

A exposición “25 anos de relacións España – Isarel en Caricaturas” abre as Xornadas da Cultura Xudía en Tui


A cidade de Tui acolle esta próxima fin de semana as actividades dunha nova edición das Xornadas Europeas da Cultura Xudía con diversas visitas guiadas aos elementos máis reseñables do patrimonio relacionados coa presenza histórica dos xudeus.
Como complemento a estas Xornadas a Sala Municipal de Exposicións acolle ata o vindeiro 8 de setembro unha mostra titulada “ años de Relaciones Diplomáticas España – Israel, vistos con humor por la prensa israelí y española”. Esta mostra está organizada pola Embaixada de Israel en España coa colaboración do Centro Sefarad Israel e a Asociación de la Prensa de Madrid.
Nesta mostra podemos encontrar 44 viñetas humorísticas de autores tan recoñecidos como, Mingote, Juan Álvarez, J. M. Varona "Ché", Junco, Sir Cámara, J. M Nieto, José Orcajo, Sebas, Nimrod Reshef, Zeev Engelmayer, Nusko, Sergey Sichenko, Jacob Shiloh, Dudy Shamay, Arkady Tzykun, Tsahi Farber, Andy y Shlomo Cohen.
Para a concelleira de Cultura, Vanesa Rodríguez Pereira, a celebración desta mostra encaixa perfectamente coa temática desta Xornadas centradas neste ano no lema “O espírito do humor xudeu”. Estas Xornadas se celebran en máis de 300 localidades de Europa de 30 países distintos.
As actividades previstas na nosa cidade son as seguintes:
 Venres 31 de agosto:
Visita nocturna polos vestixios xudeus no conxunto histórico tudense, guiada polo historiador tudense Suso Vila (autor do libro “Os xudeus en Tui”).
Sábado 1 de setembro:
12,00 h.: Visita guiada á colección de “Sambenitos” do Museo Diocesano de Tui, guiada polos historiador Rafael Sánchez Bargiela. Esta colección e un tesouro do patrimonio moble tudense, pois non existes conservadas outras pezas similares, son un testemuño da actividade da Inquisición na persecución a principios do século XVII dos elementos de ascendencia hebreo que seguían vivindo na nosa cidade.
Domingo 2 de setembro:
12,00 h.: Visita guiada ás testemuñas xudías conservadas na Catedral de Santa María de Tui, guiada polo historiador José Ramón Fernández Fernández.

Sem comentários:

Enviar um comentário