terça-feira, 28 de agosto de 2012

O Concello de Tui conta con 3 novos axentes de Policia Local


Dende a pasada semana o Concello de Tui dispón de tres novos Axentes de Policía Local que, tras superar o corresponde proceso de concurso-oposición e o período de formación da Academia Galega de Policía, se incorporan agora primeiro como axentes en prácticas para unha vez rematado este período formar parte xa da plantilla da Policía Local con caracter de funcionarios de carreira.
Segundo informa o Concelleiro de Seguridade, Angel Gutiérrez González, con estas incorporacións -que proceden da Oferta de Emprego Público do Concello de Tui do ano 2010- a plantilla da Policía Local tudense conta con 15 axentes, aos que temos que engadir os dous auxiliares contratados para a tempada estival pero que este ano continuaran ata o 31 de decembro.
Tamén informa o concelleiro que as previsións coas que traballan neste momento é procurar que nos vindeiros orzamentos poida modificarse unha praza que na actualidade figura a cubrir ao abeiro do plan de mobilidade pero que non foi cuberta para a súa cobertura a través dunha oferta pública e incluso estudar a posibilidade de ofertar unha praza máis. Con este incremento a plantilla da Policía Local estaría situándose nos “ratios” aconsellables para as dimensións do noso Concello.

Sem comentários:

Enviar um comentário