O Concello de Tui informa que ata o 30 de abril está aberto o prazo de presentación de solicitudes para acoller ao Programa Diúrno de Balnearios 2015 Coidarte promovido pola Deputación de Pontevedra coa colaboración do Concello de Tui. O obxectivo deste programa é proporcionar ás persoas nadas con anterioridade a 1965, pensionistas ou con necesidades de respiro familiar que residan na provincia, actividades encamiñadas a mellorar a súa calidade de vida, favorecendo o envellecemento activo, relacións sociais, e participación en actividades que mellores o seu estado físico e anímico.
Para participar neste programa non se debe padecer ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do programa, así coma estar en condicións de total autonomía.
As persoas interesadas, que residan en Tui, deberán presentar a súa solicitude no departamento de Servizos Sociais Comunitarios Municipais, na Casa do Concello ata o 30 de abril, acompañando fotocopia do DNI ou do NIE así coma certificado da pensión ou pensións.
Sem comentários:
Enviar um comentário